Tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidades

Descrición

É a autorización expedida polo Concello para que os residentes empadroados en Santiago de Compostela poidan estacionar en prazas de aparcadoiro identificadas con reserva para persoas con problemas de mobilidade física.

Requirimentos

  • Estar empadroado no Concello de Santiago de Compostela.
  • Ter recoñecido oficialmente a condición de persoa con discapacidade, conforme ao establecido no artigo 4.2 do Texto Refundido da Lei de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social (RD lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, e se atopen nalgunha das seguintes situacións:
    - Que presenten mobilidade reducida conforme ao Anexo II do RD 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.
    - Que mostren no mellor ollo unha agudeza visual igual, ou inferior, a 0,1, con corrección,ou un campo visual reducido a 10 graos ou menos.
  • Documentación necesaria

    A indicada no documento de información xeral.

    Notas para o cidadán

    É requisito imprescindible que na documentación acreditativa da discapacidade figure que a persoa solicitante ten dificultades de mobilidade física ou que non pode utilizar os servizos de transporte colectivo.

    Entrega da tarxeta: Oficina de Atención á Cidadanía. Rúa Presidente Salvador Allende 4-baixo. Teléfono para comprobar se a tarxeta está a disposición do interesado: 981 543 128
    1. O interesado deberá acreditar a súa identidade.
    2. No caso de actuar mediante representante é preciso acreditar a representación con poder habilitante ou con autorización asinada polo representado acompañada dunha copia do documento oficial de identidade da persoa autorizante. Asemade, o autorizado deberá acreditar a súa identidade.
    3. No caso de renovación por caducidade é preciso que entreguen a tarxeta anterior no momento de retirar a nova tarxeta.

    Solicítase en

    Atención á Cidadanía
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
    Tel.: 981 543 128
    Fax: 981 543 129
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
    Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

    Preséntase en

    Rexistro Xeral
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
    Tel.: 981 543 122
    Fax: 981 543 133
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
    Rexistro Auxiliar do Ensanche
    Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
    Tel.: 981 543 001
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
    Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

    O Rexistro auxiliar do Ensanche permanecerá pechado ata o día 27 de novembro de 2019.
    Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

    Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

    Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

    Tramítase en

    Tráfico
    Enderezo: Pazo de Raxoi, baixo. Entrada pola rúa Costa do Cristo.
    Tel.: 981 542321
    Fax: 981 542338
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: Atención ao público: luns, mércores e venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

    Documentación

    Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



    Compartir: