Cesión de espazos e recursos a entidades ou asociacións da Casa das Asociacións de Benestar Social

Descrición

Solicitude de cesión de espazos e recursos a entidades ou asociadcións da Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES) para o desenvolvemento de actividades asociativas e interasociativas.

Dirixido a

As entidades ou asociacións que cumpran os requisitos do artigo 4 da Ordenanza Municipal Reguladora do Funcionamento da Casa das Asociacións de Benestar Social.

Documentación necesaria

A que figura no impreso de solicitude.

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: Para atención presencial é preciso solicitar cita previa: 881505107 ou https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Nesta oficina pode solicitar a información relativa ao trámite e recoller os impresos que se precisen.
A atención prestarase prioritariamente a traves dos canais:
- Telefónico: 981542300 - 981543128
- Correo electrónico: informacion@santiagodecompostela.gal

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: Para atención presencial é preciso solicitar cita previa: 881505107 ou https://citaprevia.santiagodecompostela.gal
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Teléfono oficina: 981 543 122 // Fax: 981 543 133

Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Teléfono cita previa: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro Auxiliar do Ensanche permanecerá pechado os días 27, 28, 29 e 30 de outubro de 2020.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Outras formas de presentación de documentación:
- Rexistro electrónico do Estado:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
- Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Tramítase en

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: