Programa LIMIAR

Descrición

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2017, aprobaou as bases reguladoras da creación da listaxe municipal de propietarios de edificios residenciais implicados en actuacións para a súa rehabilitación do Concello de Santiago de Compostela.

Poderán solicitar a súa inclusión na LIMIAR as comunidades de propietarios e persoas privadas, tanto de natureza física como xurídica, propietarias de edificios que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte á publicación das bases no BOP, e permanecerá aberto ata que o Concello resolva o seu peche

Dirixido a

Comunidades de propietarios e persoas privadas, tanto de natureza física como xurídica, propietarias de edificios que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria

Solicítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro auxiliar do Ensanche permanecerá pechado ata o día 27 de novembro de 2019.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: