Concello de Santiago

Corte de tráfico nun carril da avenida de Castelao
Con motivo das obras que se están a levar a cabo na avenida de Castelao pecharase ao tráfico un carril da mesma, entre o cruce coa avenida do Burgo e a rúa Vite de Arriba, para a execución dunha rotonda. O corte farase efectivo o luns 15 de marzo, e durante un tempo aproximado de tres semanas.

O tráfico desviarase pola rúa Ulpiano Villanueva cara Santa Comba, Carballo e centro da cidade, estando estes desvíos debidamente sinalizados.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Orde do día da Xunta de Goberno do 16 de marzo
Sres./as Concelleiros/as da Xunta de Goberno Local:

Dona Socorro García Conde.

Dona Mar Martín García.

Don Bernardino Rama Seoane.

Dona Mercedes Rosón Ferreiro.

Dona Josefina Elvira Cienfuegos López.

Dona Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales.

Dona Rosa Fernández Somoza

Don Xosé Manuel Iglesias Iglesias

Ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento de Organización Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, convoco aos/ás Sres./as Concelleiros/as arriba relacionados/as para a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 16 de marzo de 2010, ás 10:00 horas, e de non poder celebrarse, farase en segunda convocatoria o mesmo día unha hora máis tarde.

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación de Actas de Sesións Anteriores.

2.- Solicitudes de licenzas de obras.

3.- Devolución de fianzas.

4.- Informes en expedientes de actividades clasificadas.

5.- Recurso de reposición interposto contra acordo desta Xunta de Goberno Local de data 17.11.09 relativo á imposición de sanción por infracción á ordenanza local.

6.- Propostas relativas a expedientes de contratación.

7.- Proposta da concelleira delegada de Benestar social relativa á aprobación das bases e convocatoria para o outorgamento de autorización de cesión de espazos e recursos da Casa das Asociacións de Benestar Social do Concello a entidades ou Asociacións de Santiago de Compostela.

8.- Proposta da concelleira delegada de Educación relativa á designación de representante do Concello na comisión de escolarización para o curso 2010-2011.

9.- Proposta da concelleira delegada de Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa relativa a Rexistros Auxiliares.

10.- Actualización da Conta de liquidación provisoria da Reparcelación do polígono A do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro. Liquidación da 1ª cota urbanización.

11.- Proposta para ampliación do ambito do proxecto de normalización de predios na ASD-13 na Avenida das Burgas. Campus Sur.

12.- Expediente TXX/1318/2009 - Proposta da concelleira delegada de facenda relativa a beneficios fiscais no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

13.- Expediente TXX/90/2010 - Proposta da concelleira delegada de facenda relativa a beneficios fiscais no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

14.- Expediente TXX/1389/2009 - Proposta da concelleira delegada de facenda relativa a beneficios fiscais no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

15.- Proposta da concelleira delegada de Facenda relativa á solicitude de bonificación na taxa por postos e casetas de venda, espectáculos ou atraccións situados en terreo de uso público ou por venda de artesanía nas rúas, venda ambulante e rodaxe cinematográfica.

16.- Proposta da concelleira delegada de Facenda relativa a solicitudes de exención nas taxas pola subministración de auga e conservación de contadores, saneamento e depuración de augas residuais e prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

17.- Proposta do concelleiro delegado de Deportes relativa ao uso gratuíto dos estadios de San Lázaro e San Lázaro II por mor do Torneo Internacional de Fútbol SUB-19.

18.- Dar conta da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Residencia de Estudiantes para a itinerancia da Exposición "Las Misiones Pedagógicas 1931-1936".

19.- Propostas da Alcaldía relativas á representación e defensa xudiciais.

20.- Dar conta de Autos e Sentenzas xudiciais.

21.- Dar conta das Resolucións das Concellerías Delegadas.

22.- Correspondencia.

23.- Rogos e Preguntas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2010

O Alcalde

Asdo:Xosé A. Sánchez Bugallo

Corte de tráfico na calzada de San Pedro
Con motivo das obras de pavimentación que se van a realizar, dende o vindeiro mércores, 3 de marzo, permanecerá cortada ao tráfico a calzada de San Pedro, dende a súa confluencia coa rúa de San Pedro ata a confluencia coa rúa do Campo de Santo Antonio.

Este corte obrigará a unha reordenación de tráfico na rúa do Campo de Santo Antonio, invertendo o sentido habitual do tráfico. Así, os vehículos deberán agora circular por esta rúa en sentido de baixada dende a corredoira das Fraguas ata a rúa de Belvís, para saír á avenida Quiroga Palacios e á avenida de Lugo.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Corte de tráfico na rúa do Espírito Santo
Por mor das obras de urbanización do espazo público da rúa do Espírito Santo, permanecerá pechada ao tráfico dende o mércores 27 de xaneiro e por un período estimado de 3 meses.

Quedará prohibido o estacionamento en toda a rúa e unicamente se permitirá o acceso dos usuarios dos garaxes e para a carga e descarga.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Corte de tráfico na rúa do Monte Redondo
Con motivo das obras de entrada do AVE en Santiago, a partir do venres 22 de xaneiro e ata o remate das obras, quedará cortada ao tráfico a rúa do Monte Redondo.

Unicamente se permitirá o paso aos residentes. Para os demais condutores, recoméndase como paso alternativo o novo vieiro da urbanización SUNP-13. Tanto o corte cómoa o desvío estarán debidamente sinalizados.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Restricións circulatorias no Hórreo
Dende luns 16 de novembro e ata o final da obra do túnel do Hórreo, o tramo entre Fernando III O Santo e a rotonda quedará reducido definitivamente a un carril por cada sentido.  Ademais, dende o luns 23 de novembro, o vieiro Antón Fraguas quedará cun carril por sentido e Romero Donallo terá unicamente un carril de subida, abrindo en sentido baixada un carril directo a Antón Fraguas.

A nova restrición a partir do luns 16 de novembro, supón que o tramo entre a glorieta e Fernando III O Santo quedará cun carril de subida e outro de baixada, tal como sucedía xa no tramo seguinte da rúa da rúa do Hórreo. Se ben se permitirá a incorporación á rúa dende Fernando III O Santo xirando á dereita, quedarán prohibidos os xiros á esquerda dende esta rúa e dende a estación do tren. Neste último caso só se poderá xirar á dereita, en sentido subida.

Aínda que nesta primeira fase os carrís habilitados serán os máis próximos ao lado da estación, haberá a posibilidade de que os dous carrís habilitados o sexan do outro lado. Estas restricións están motivadas pola entrada en funcionamento dunha nova pilotadora para traballar no entorno da glorieta.

Xa a partir do luns 23 de novembro, ata un momento aínda por determinar, en torno a febreiro, e como consecuencia da redución da rotonda polas obras, a avenida Romero Donallo quedará cun único carril en sentido subida. En sentido baixada pecharase o acceso á rotonda, polo que os vehículos procedentes de Romero Donallo non se poderán incorporar ao Hórreo xirando á esquerda na rotonda. En troques,  estes vehículos deberán utilizar o ramal dun carril que se abrirá para acceder directamente ao vieiro Antón Fraguas. Este vieiro Antón Fraguas quedará cun único carril por sentido no seu primeiro tramo.

Este novo ramal Romero Donallo  Antón Fraguas quedará cortado entre o luns 21 de decembro e o sábado 9 de xaneiro. Aproveitarase así a menor intensidade de tráfico do Nadal para a reposición dos servizos de saneamento.