Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de marzo

10.45 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión executiva e o Consello de Administración do Consorcio.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, para presentar o ComposFest, que terá lugar durante as Festas da Ascensión. Na rolda tamén estará Juan Carlos Gesto, presidente da SD Compostela; Miguel Fernández, director de marketing da SD Compostela e Mónica Mejías da empresa Correveydile.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Centro ABANCA Obra Social (Plaza Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de entrega de premios de Cruz Vermella.

Compartir: