Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 7 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos representantes dos Colexios Oficiais e delegacións de España do Consello Galego, do Consello Xeral e da Unión de Asociacións de Graduados/as en Enxeñaría da Rama Industrial e Enxeñeiros/as Técnicos/as Industriais.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción á Asociación Galega de Inmobiliarias con motivo da celebración do III Congreso Inmobiliario de Galicia.

12.00 h
No CGAC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio da Cultura Galega.

11.00, 12.00 e 13.00 h
No Auditorio de Galicia, La Petita Malumaluga presenta ‘La luna en un cazo (un espectáculo incomprendido)' dentro do PorVezPrimeira da programación de Artes Escénicas e En Familia de Compostela Cultura.

Compartir: