Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de maio

19.00 h
Nos soportais do Pazo de Raxoi, punto de saída do roteiro guiado "Compostela exiliada", que aporta unha visión panorámica sobre o éxodo cultural e político en Compostela entre os anos 1936 e 1946, e que tamén homenaxea a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Requírese inscrición previa en paseos.compostela@maos.gal.

21.00 h
Na praza de Praterías, lectura de poemas do libro "Galicia infinda" de Florencio Delgado Gurriarán, que serán recitados por cinco alumnos do Instituto Xelmírez, pertencentes ao grupo de teatro Vai no Dentista, desde os balcóns da Casa do Cabido.

Compartir: