Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o espectáculo de A Banda da Loba "Xabón Lagarta", que terá lugar o vindeiro luns 16 de maio.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar os "Campamentos de verán de surf".
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar as Festas da Ascensión.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar, 63, inauguración do Paseo Sonoro. Asisten o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e a directora do festival "O que non se escribe", Aitana Cuétara.

12.00 h
Na praza Roxa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, visita a mesa petitoria da Asociación Española contra o Cancro e saúda o seu presidente, Francisco Pais.

20.00 h
No café Airas Nunes, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro Unha cervexa Chang, de Manuel Portas.

Compartir: