Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para facer balance das obras do seu departamento.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar o programa #NoitesAlternas2021.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, para dar conta da licitación pública dos quioscos ubicados na Alameda e na praza de Vigo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.

NOTA: as roldas retransmitiranse vía streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
Na rúa de Vista Alegre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Educación, Rubén Prol, asiste ao acto de inauguración do curso da Escola Municipal de Música.

Compartir: