Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 20 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o festival Alguén que respira! Na rolda tamén estará o seu director, Antón Lopo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a carreira "Red Bull Buen Camino" e varios temas do seu departamento.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

NOTA: as tres roldas serán retransmitidas por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: