Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de xuño

10.00 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión mixta do Peleteiro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar a VI edición do programa Compostela+Solidaria que se levará a cabo do 3 ao 17 de xuño en distintos espazos da cidade. Na rolda tamén estará María Paz, portavoz da Coordinadora Galega de ONGD.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do I Congreso Mundial do Xacobeo, presidido por SM o Rei Felipe VI.

13.15 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a xuntanza da Comisión executiva do organismo interadministrativo. Os medios gráficos poderán asistir ao comezo da xuntanza. Enviarase nota.

18.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e membros das asociacións de comerciantes fan un percorrido polas rúas da zona vella e do Ensanche por mor do inicio da festa do comercio local Prima 21.
Punto de encontro: cruceiro de San Pedro (a continuación, percorrido por praza de Cervantes, Orfas e xeneral Pardiñas ata praza Roxa).

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Andrés Valero-Castells e con Noelia Barros da Cuña presentando.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta ‘Estrela do día’ de Quico Cadaval, dirixida por Marcos PTT Carballido e con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, Rocío González e Evaristo Calvo. Dentro de ‘Viva a escena!’, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘A escola na cidade’, concerto dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2021 e a Real Filharmonía de Galicia, dirixidos por Maximino Zumalave.

Compartir: