Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de xuño

11.00 h
No CPE Emma (rúa Virxe da Cerca, 15-16), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á I Edición da CompostelEMMA, actividade que consistirá nun percorrido simulado do Camiño Francés.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Española e Catalana

12.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: