Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, sobre asuntos da súa área.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o capitán da Garda Civil de Santiago, Luis Nicolás Arroyo Pérez, con motivo do seu cambio de destino.

17.45 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa telematicamente no Foro das Cidades Madrid 2021, na mesa "Cidades próximas, cidadáns conscientes. A participación da cidadanía como palanca de transformación".

20.00 h
Na Praza das Praterías, ‘Elas’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Fatoumata Diawara que presenta ‘Fenfo’, dentro da programación musical de Compostela Cultura.

Compartir: