Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o curso da Escola de Música de aCentral Folque. Estará acompañada por Mauro Sanín, coordinador da Escola.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a iniciativa "Flor Nova do Romanceiro Ibérico". Na rolda tamén estará Belén Bermejo coordinadora do evento e xerente de Sirgo Torcendo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.

NOTA: retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión de seguimento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel e Juan Durán, previo ao concerto que ofrece ás 20.30 h a Real Filharmonía de Galicia.

20.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "A Minerva compostelá. As súas glorias".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Viaxeiras Rebeldes’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Paul Daniel ofrecen a estrea absoluta de ‘Hildegart (ballet)’ de J. Durán (encarga da RFG) e unha selección da ‘Cincenta' de Prokófiev.

Curtocircuíto
En diversos espazos e horarios, Curtocircuíto, Festival Intermacional de Cine.
Programación completa en compostelacultura.gal ou curtocircuito.org

Compartir: