Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de outubro

10.00 h
No Castiñeiriño (rúa do Restollal), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, visita o mural solidario da Asociación Art for Dent.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o evento Electrofauna, que terá lugar de venres a domingo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Chévere presenta ’N.E.V.E.R.M.O.R.E.’, dentro de ‘Viva a escena!, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate do espectáculo, #posfunción co equipo.

20.30 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración da XXV Noite das Telecomunicacións.

Compartir: