Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de outubro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para dar conta das obras na avenida de Salamanca.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o XX Ciclocross Cidade de Santiago. Na rolda tamén estará Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na carballeira do Banquete de Conxo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presenta a candidatura do Carballo do Banquete a Árbore Europea do ano 2022.
NOTA: os medios disporán dun vehículo para o seu desprazamento ata o punto de encontro que sairá ás 11.40 h da praza do Obradoiro. Precisamos confirmación previa de asistencia.
Localización:
https://www.google.com/maps/place/42%C2%B051'40.1%22N+8%C2%B033'10.3%22W/@42.8611336,-8.5550375,17z/data=!3m1!4b1!4m5!3m4!1s0x0:0x0!8m2!3d42.8611336!4d-8.5528488?hl=es

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Shubertiada’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Delyana Lazarova e con Beatriz López, clarinete, interpretan un programa con obras de Mozart, Weber e Schubert que inclúe a estrea en españa da 'Fantasía homenaxe a Schubert' de Tabakova.

Compartir: