Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres, 01 de outubro

12:00 h. Na casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da "VII Feira de minerais". Estarán presentes o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños; Sara Castedo, adxunta á xerencia de Área Central; e o organizador da Feira de minerais, Alejandro Rodríguez.

Nota. Retransmitirase por streaming a través da web municipal.

12:30 h. No Centro de Convencións do Gran Hotel de la Toja, o alcalde de Santiago asiste á clausura do "Foro de La Toja", no que participará o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez; e o Primeiro Ministro de Portugal, Antonio Costa.

18.30 (aprox) Na Praza do Obradoiro, recepción a un grupo de policías nacionais das Comisarías de Santiago e Lugo que percorren o Camiño de Santiago

Compartir: