Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de xullo

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, e da portavoz nacional, Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
En Madrid (sede de Adif, paseo de la Castellana, 67), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reúnense coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.

Compartir: