Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de novembro

9.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de inauguración da Xornada ITH HOTEL ENERGY MEETINGS.

10.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co representante da Agência de Notícias de Portugal, Miguel Pinto.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, e do técnico de Normalización Lingüística de Teo e secretario do xurado dos Premios Youtubeir@s, Roberto Rielo, para presentar a gala de entrega dos III Premios Youtubeir@s.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do informe "Impacto do Turismo na morfoloxía urbana dos municipios do Eixo Atlántico". Asisten: o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Mao; Ana Ladeiras e Ana Carricoba, dúas das autoras do informe e especialistas en turismo.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, e do deputado Xosé Luís Rivas "Mini", sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, abre o maratón de lectura de textos pola igualdade e en contra da violencia de xénero. No acto participarán outros/as concelleiros/as, nenos e nenas das aulas de xogos, persoas socias dos clubs de lectura da Rede de Bibliotecas do Concello e do ámbito da cultura de Santiago. Aberto a todas as persoas que queiran sumarse.

A partir das 18.30 h
Na aula de xogos do Centro Sociocultural de Santa Marta, contacontos co espectáculo As cores, que traballará a educación en igualdade. Está dirixido a crianzas de 3 a 9 anos.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao Club Viravolta, gañador dunha medalla de bronce na categoría benxamín no Campionato Nacional Base de Conxuntos de Ximnasia Rítmica celebrado en Pamplona os pasados días 7, 8 e 9 de novembro.

20.00 h
No Teatro Principal, Gala de Clausura da 33ª edición de Cineuropa onde se anunciarán as gañadoras das cinco seccións oficiais e o Palmarés do Xurado Novo. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

21.00 h
No Auditorio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos premios SERenidade. O director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, recolle o premio que se lle outorga ao organismo.

Compartir: