Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presentar a actividade da banda no primeiro trimestre do ano.

17.30 h
En Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de descubrimento de placa que nomea o parque situado na confluencia da rúa Berlín coa rúa Viena como Parque Begoña Caamaño Rascado.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a cerimonia de entrega de Títulos, Honras e Condecoracións a título póstumo do Concello:
Alcalde de Honra, Ánxel Casal Gosenxe
Filla Predilecta, Xohana Torres Fernández
Fillos Predilectos, Bibiano Morón Giménez e Benedicto García Villar
Filla Adoptiva, Begoña Caamaño Rascado
Fillo Adoptivo, Federico García Lorca.

Compartir: