Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, para dar conta das actividades programadas para a posta en valor da "Compostela Rupestre" e as visitas nocturnas ao Castriño de Conxo, dentro da celebración do Día do Patrimonio. Na rolda tamén participará o presidente do colectivo A Rula, Luis Leclere.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a XIX edición dos Premios Manuel Beiras. Na rolda tamén estará Xavier Freire, en representación da Cámara de Comercio.

13.30 h
En Artesana Gastrobar (avenida de Ferrol nº9), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Turismo, Marta Lois; e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, inauguran a XI edición de Santiago(é)tapas no local gañador do premio do Público no ano 2017. No acto participarán concelleiros e concelleiras dos grupos municipais e representantes das empresas colaboradoras co evento.

16.15 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.-Toma de posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2.-Toma de posesión do cargo de concelleiro de Don Pedro José Rey Sanchiz (Partido Popular).
3.-Aprobación da proposta dos grupos municipais do Concello de Santiago de Compostela ao Consello Asesor de Condecoracións para nomear o Estadio de San Lázaro como Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.-Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 18 de outubro de 2018, núm 16.
2.-Toma de posesión, no seu caso, de cargos de concelleiros.
3.-Solicitude de inicio da avaliación ambiental de Revisión do Plan Especial de protección e rehabilitación da cidade histórica de Santiago de Compostela (PE-1).
4.-Aprobación definitiva da modificación puntual do PE-1 para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial.
5.-Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza xeral municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais.
6.-Proposta da Alcaldía ao Pleno para a adhesión do Concello de Santiago á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega.
7.-Proposta da Alcaldía do Concello de Santiago ao Pleno para a adhesión á Asociación de concellos do Camiño Inglés e de aprobación da proposta de estatutos para a constitución e funcionamento da mesma.
8.-Proposta de nomeamento da comisión para a redacción da memoria sobre a determinación da forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais.
9.-Proposta da concelleira de Economía, Facenda e Administración de aprobación do expediente de suplemento de crédito Nº 2018-SUPLE-06 de importe 3.085.870,12 euros.
10.-Proposta da concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración de aprobación do expediente de suplemento de crédito Nº 2018-SUPLE-07 do orzamento do ano 2018 por importe de 18.910,22 euros.
11.-Proposición do grupo municipal do BNG, para regularizar os servizos municipais externalizados que seguen a operar sen contrato.
12.-Proposición do grupo municipal do Partido Popular sobre o pagamento dos servizos sen contrato.
13.-Proposta para a ratificación polo Pleno do acordo de Xunta de Goberno Local de 14 de setembro de 2018 relativo á aprobación do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias 2018-2021 para o Concello de Santiago de Compostela.
14.-Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15.-Rogos, preguntas e interpelacións.

20.00 h
No Museo das Peregrinacións, Gülmen Durmaz presenta o seu filme "Kazarken" dentro de Cineuropa, con coloquio ao remate do filme.

20.30 h
Na Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausura o Mundial de Xadrez Cadete.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, BarcoPirata presenta "¿Quién es el señor Schmitt?", de Sébastien Thiéry. Unha versión de Sergio Peris-Mencheta, quen tamén dirixe ao elenco formado por Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Armando Buika, Quique Fernández e Xabier Murúa.

Compartir: