Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de marzo

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Economía, Reyes Leis, reúnese cos representates das entidades colaboradoras no Santiago Investors Support: Asociación de Xoves Empresarios AJE Marineda; Asociación Área Empresarial do Tambre; Asociación de Hostelería de Santiago de Compostela; Cámara de Comercio de Santiago; Asociación de Autónomos de Galicia, UPTA; GDR Terras de Compostela; CCA Compostela Monumental; Fundación Santiago Centro; Asociación de Comerciantes de Santiago ACOTES; Praza de Abastos de Santiago.

10.00 h e 10.45 h
No CEIP Ramón Cabanillas (José Antonio Souto Paz, nº5), 2º ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "Os cantos do país do xeo", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

11.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns .

11.00 h
Na Casa do concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o terceiro partido polo título de liga de waterpolo que enfronta ao Club Waterpolo Santiago co Galaico de Pontevedra.

12.00 h
Na sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA de presentación dos "Cadernos técnicos" do Consorcio de Santiago. Asisten:
Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Benestar Social, Paula Prado, e Seguridade Cidada, Albino Vázquez, sobre asuntos das súas áreas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

20.30 h
Na Zona "C", 'Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla.

21.00 h
No Teatro Principal, Sergio Pazos presenta 'Se galego, my friend' dentro do ciclo 'Falabratos: monólogos, contos e outros shows'.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste á posta en marcha do programa Compostela Cine classics’12. Nesta primeira sesión proxectarase o filme "O acorazado Potemkin. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co catedrático de Historia da Arte e Historia do Cine da USC, Ángel Luis Hueso Montón.

Compartir: