Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de febreiro

9.30 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), acto telemático de sinatura do convenio entre Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), Augas de Galicia e o Concello de Santiago para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais de Silvouta (EDAR). Participan:
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela
- Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
- Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente
NOTA: Este acto poderá seguirse a través do seguinte enlace:
https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_NzBmODJiYjgtYWY1My00NTY2LTk0NTktZWY2OThhZjAzYjk4%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%22de81a578-81aa-4d35-a5d4-feed816b1654%22%2c%22Oid%22%3a%2220f9986f-6259-45b8-9aa0-99e91fb539ec%22%7d
Tamén se poderá cubrir presencialmente PREVIA CONFIRMACIÓN AO DEPARTAMENTO DE PRENSA. Por cuestións de aforo, o número de asistentes estará limitado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o presidente de Nova Escola Galega, Xosé Lastra.

Compartir: