Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de xaneiro

9.30 h
No edificio CERSIA, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a "Xornada de presentación local do Proxecto Europeo TRAFAIR".

10.15 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da xornada Hannah Arendt.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Rafael Peña sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Paseo central da Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Deconstruíndo o franquismo".

19.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste ao acto de homenaxe ao profesor Juan M. Lema Rodicio.

Compartir: