Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de xaneiro

10.00 h
A concelleira de Educación, Noa Díaz, visita os novos equipamentos da Escola Infantil de Fontiñas.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co director de Correos de Santiago, Julián Anca.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
En Carretas, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Comisión especial do Xacobeo 2021.

13.15 h
Na Casa do Concello, recepción ao persoal xubilado no ano 2019.

Compartir: