Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de xaneiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No IES Xelmírez I (Rúa da Poza de Bar, s/n), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do 175 aniversario do centro.

Compartir: