Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a programación do Ciclo de Inverno da Banda Municipal de Música. Na rolda tamén estará o director da Banda, Casiano Mouriño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a un grupo de estudantes de Noruega que realizan as súas prácticas en institutos de Santiago e Ames.

16.30 h
No Pazo de Raxoi, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, recibe unha representación da Xunta de Confrarías, encabezada polo seu presidente, José Ramón Muñiz.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Santa Marta.

Compartir: