Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de novembro

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina o convenio de colaboración para o financiamento do Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro co director do centro, Xavier Mouriño.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Antonio López, asinan o convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de atención bucodental a persoas en risco de exclusión social.

Compartir: