Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de novembro

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
12.00 h
No Salón nobre, recepción ás entidades feministas da cidade.
19.00 h
Na Praza 8 de Marzo, lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e descubrimento de placa conmemorativa.

10.00 h
Pleno ordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 28 de outubro do corrente ano.
2.- Declaración institucional do concello na loita contra a fraude e a corrupción.
3.- Inicio do procedemento de creación da Sociedade Mercantil Pública Urbanística e nomeamento da Comisión de Expertos.
4.- Expediente de modificación de crédito mediante suplemento de crédito co número 2021-SUPLE-06 por importe 422.587,52 euros, para completar a achega municipal ao proxecto SMARTIAGO, financiado con baixas por anulación.
5.- Modificación da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección de tributos e doutros ingresos de dereito público.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a máxima axilización da contratación da xestión do servizo de recollida de residuos urbanos.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA sobre a habilitación dunha taxa turística en Santiago para a gobernanza do turismo.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a colocación de paneis de enerxía fotovoltaica nas instalacións municipais.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para conmemorar en 2022 o bicentenario de Antolín Faraldo.
10.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre a tramitación de licenzas e comunicacións previas en materia de urbanismo.
11.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a protección do pequeno comercio na cidade vella.
12.- Dar conta da execución do estado de gastos e ingresos do orzamento xeral, correspondentes ao terceiro trimestre do 2021, así como do movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias.
13.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
14.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a Comisión de Memoria Histórica.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre convocatoria de axudas para a cooperación ao desenvolvemento.
Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal de CA para instalar elementos de seguridade viaria na rúa Porto de Conxo.
2.- Presentado polo grupo municipal de CA para instalar elementos deportivos no campo multiusos do Castiñeiriño.
3.- Presentado polo grupo municipal do BNG para convocar os consellos municipais de participación cidadá.
4.- Presentado polo grupo municipal do BNG para convocar a comisión de condecoracións.
5.- Presentado polo grupo municipal do BNG para instalación dun espello na rúa Teo co obxectivo de incrementar a seguranza viaria.
6.- Presentado polo grupo municipal de CA para que o goberno municipal retire os pregos e a licitación da xestión da rede de centros socioculturais.
7.- Presentado polo grupo municipal do PP para a elaboración dun operativo para a mellora de mobilidade nas áreas comerciais da Sionlla e Costa Vella.
8.- Presentado polo grupo municipal do PP para a limitación da circulación motorizada na explanada do novo campo da festa do Castiñeiriño.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a execución de diversos proxectos aprobados no marco do proceso dos orzamentos participativos.
2.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre plan de reactivación económica para os barrios de San Pedro e Concheiros.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre as demandas da veciñanza da Almáciga e da comunidade educativa do CEIP Apóstolo Santiago.
4.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre frear a instalación da gasolineira de Brandia.
5.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre os motivos de manter suspendido o circuíto de carreiras "Corresán".
6.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a sostibilidade de determinadas contratacións en materia de turismo.
7.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a situación da tramitación do novo contrato de abastecemento e saneamento municipal.
8.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación dos traballadores da liña de autobuses ao aeroporto.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre locais que ten en alugueiro o concello.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a instalación da gasolineira en Brandia.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o uso do galego nas empresas concesionarias de servizos públicos.
4.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o V Plan de Igualdade 2021-2024.
15.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA para impulsar unhas novas instalacións para o corpo de bombeiros antes de avanzar na construción do novo edificio administrativo en San Caetano.
2.- Presentada polo PP para o remate das obras pendentes no Barrio de Vista Alegre.
3.- Presentada polo BNG para demandarlle á empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos domésticos e limpeza viaria que o dote dos recursos humanos e materiais que figuran no contrato.
4.- Presentada polo BNG para dotar dun espazo alternativo de aparcamento para a veciñanza de Ultreia e do barrio da Avda. de Salamanca.
5.- Presentada por CA para que o concello atenda as demandas do persoal traballador do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza.
6.- Presentada polo PP sobre as condicións de cesións de locais a entidades sen ánimo de lucro.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia e o pianista Josu de Solaun.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘En Tránsito’, concerto da Real Filharmonía de Galicia e o pianista Josu de Solaun. Dirixidos por Paul Daniel, este concerto está dentro do ciclo de piano Ángel Brage e o Programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG.

Compartir: