Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 23 de novembro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Obra de consolidación do noiro do Pombal.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muiños, para presentar o Mercado da Estrela. Na rolda tamén estarán a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; o delegado comercial de Estrella Galicia, Guillermo Fernández; e Mónica Mejías, directora do Mercado.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
Na Facultade de Enxeñería Química, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á conferencia de Francisco Herrera.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro.

35ª EDICIÓN DE CINEUROPA
Programación diaria en cineuropa.gal

Compartir: