Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de novembro

9.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da devandita entidade.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o programa completo de Talentia Summit 2021.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Museo da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 40º aniversario da constitución da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

19.00 h
No Salón nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á apertura da Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas/ European Language Equality Network (ELEN).

19.30 h
No Teatro Principal, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa no acto de apertura da Sección ‘País convidado: Suíza’ de Cineuropa. Tamén estarán o director do festival, José Luis Losa, e o conselleiro de ciencia e cultura da Embaixada de Suíza en España, Alberto Giovanetti.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao concerto do VIII Ciclo de Cámara organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

35ª EDICIÓN DE CINEUROPA
Programación diaria en cineuropa.gal

Compartir: