Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de outubro

10.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da III Feira de Emprendedoras de Compostela.

11.00 h
Na Casa do Cabido, inauguración da exposición "Memorias do Café Derby (1929-2020)". Asisten:
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade
- Ana Castro e Fernando Franjo, comisarios da mostra
- Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago
- Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar Talentia 2021.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asisten ao acto de presentación do Congreso internacional "O Camiño do Fútbol".

14.00 h
Na praza do Obradoiro, no Día Mundial do Ictus, recepción a Christian Salamin, unha persoa con dano cerebral orixinaria de Suíza que chega peregrinando desde Noruega en bicicleta adaptada para sensibilizar sobre o ictus e o dano cerebral.

17.00 h
Na sede da Fundación Laboral da Construción, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á clausura do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación 2021 (CEGOR), organizado pola Fundación e o Consorcio de Santiago.

21.00 h
No Teatro Principal, Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021. Toda a información en festivalamal.com

Compartir: