Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 19 de outubro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Gonzalo Muíños para presentar a VIII edición do Salón do Vehículo de Ocasión. Na rolda tamén estará o
organizador, Fabián Saavedra.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Salón Vermello, presentación da campaña "Mobilidade segura e sostible no Camiño de Santiago", organizada por Cifal Madrid RACE-Nacións Unidas. Asisten:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.
- Miguel Arias Cañete, presidente de honor da Fundación RACE.
- Alex Mejía, director de UNITAR (Instituto de Nacións Unidas para a Formación e a Investigación) e da Rede Global CIFAL.
- representantes da DXT e dos patrocinadores Hyundai e Santalucía.
- os concelleiros de Educación e de Mobilidade do Concello de Santiago.
NOTA: acto presencial. Sen streaming.

17.30 h
En AquaHub A Vila da Auga (rúa José Villar Granjel, 33), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 10º aniversario de Cetaqua Galicia.

18.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participa no acto conmemorativo do Día Mundial contra o Cancro de Mama que consistirá na formación dun lazo rosa humano. O acto está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro de Santiago de Compostela (AECC).

Compartir: