Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de outubro

10.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia, Jesús González Vázquez.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e da concelleira de Servizos, Mila Castro, para dar conta do protocolo de acceso ao cemiterio municipal de Boisaca con motivo da festividade de Todos os Santos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, para dar conta do proxecto de incorporación ao censo de recollida de lixo daqueles inmobles que contan co servizo pero non están incluídos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de Compostela Aberta sobre asuntos de carácter local.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo comisario da Policía autonómica, Jorge M. Rubal Pena.

Compartir: