Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de novembro

10.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, abre a X Asemblea xeral da FEGAMP.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar a imaxe de Nadal e un avance do programa, así como a participación na Cabalgata de Reis.

11.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na mesa redonda "Eixo Atlántico (Cross border Portugal-Spain Urban Agenda)", dentro da xornada "Sharing experiences for the future in Spain, Portugal and Italy".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do acto Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade, que se celebrará o 3 decembro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Na rolda estará a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e representantes das entidades Down Compostela, Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), Acem (Asoc. Compostelá de Esclerose Múltiple), Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Aspamite (Asoc. de Pais de Persoas con Diversidade funcional de Teo) , Aspanaes (Asoc. de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista) e Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple).

13.00 h
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, visitan o restaurante ACDC (Franco, 41) na recta final do concurso Santiago(é)Tapas.

20.00 h
No Auditorio do Colexio La Salle, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao V Concerto Solidario organizado por Compostela Solidaria.

20.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, asiste á Gala de entrega dos premios do certame Youtubeir@s.

Compartir: