Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de novembro

9.30 h
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: (NOTA: NON haberá streaming).
1.- Aprobación conta xeral do ano 2018.
2.- Dar conta de reparos formulados pola intervención a acordos e resolucións.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a Gala Lírica: Homenaxe a Andrés Gaos. Na rolda tamén estarán o director da Banda Municipal de Música de Santiago, Casiano Mouriño, e o presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, Jesús Couceiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Rafael Peña sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para dar conta da resolución da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares.

12.45 h
Na praza do Toural, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita a carpa instalada con motivo do Día Mundial contra a Diabetes.

13.00 h
No Restaurante TS A Casa (Rúa de San Pedro, 113), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e máis membros da corporación, asisten ao comezo da XII edición de Santiago(é)Tapas e I de Santiago(é)Cóctel.

16.30 h
No Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), a concelleira de Educación, Mocidade e Políticas de Igualdade, Noa Díaz, asiste ao acto inaugural das "IV Xornadas de diversidade sexual dende a educación".

17.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao Consello de Goberno do Museo do Pobo Galego.

18.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da exposición "Galicia, un relato no mundo".

19.45 h
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste na Fundación Eugenio Granell, á presentación do corto documental "Nunca sabes a dónde te lleva la vida", das directoras Nuria Botet e Elisa Cuevas.

20.00 h
Na sede da Academia Médico-Cirúrxica (rúa de San Pedro de Mezonzo, nº 41), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á apertura do curso da devandita entidade.

Compartir: