Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 31 de agosto

10.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitas as obras de Chaián e Grixoa.
Punto de encontro: ponte de Chaián sobre o río Tambre.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar Jazz da Rúa Nova. Na rolda tamén estará Ramom Pinheiro, director artístico de aCentral Folque, entidade organizadora do evento.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.15 h
No Campus Sur (avda. da Coruña con avda. Antonio Raimundo Ibáñez), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración dun contedor de vidro xigante instalado por Ecovidrio no marco da celebración de La Vuelta 2021.

Festival C
11.00 a 14.00 h
Na Zona C, exposición Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico.
18.00 h
No parque de Bonaval, Teatro Ghazafellos presenta A caixa de Pandora, unha sesión de contos forma parte do programa Apego. A partir de 3 anos.
20.00 h
No CGAC, a compañía PistaCatro presenta Vértigo, un espectáculo de danza vertical con Raquel Oitavén e Mercè Solé.
20.30 h
Na igrexa de San Paio de Antealtares, o compositor e director Fernando Buide ofrece o concerto Sons romanos e Compostela, ao abeiro do ciclo De Lugares e Órganos

Compartir: