Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 8 de marzo

10.30 h
Na praza do Obradoiro, acto institucional con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saúdan a quenda de garda do servizo de bombeiros con motivo do seu patrón, San Xoán de Deus.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Salón Vermello, acto de entrega do premio Xohana Torres con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

17.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza telemática da Comisión executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Compartir: