Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de marzo

10.00 h
No Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na inauguración do 11º Congreso Nacional de Unións Agrarias-UPA.

11.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación inicial da modificación puntual do título III do PXOM. Regulación de usos.
2.- Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal para o ano 2021.
3.- Dar conta do informe de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria no proxecto de orzamento xeral para o exercicio de 2021.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

12.45 h (aprox*).
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
*A rolda será ao remate do pleno.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, Funboa Escénica presenta ’Technocracia’, dentro de Viva a escena!, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Artellando feminismo
XOANA EN CONCERTO
Aforo limitado. Previa retirada de entradas no Teatro Principal.
Teatro Principal

Compartir: