Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 3 de decembro

10.00 h
No salón de actos da Delegación do Goberno en Galicia (A Coruña), a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, asiste ao encontro "Muller refuxiada, violencia e exilio…".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, e do concelleiro Xan Duro. Na rolda tamén participará María Sánchez, concelleira e Medio Ambiente de Valladolid.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.00 h
Na praza do Obradoiro, acto de acendido da iluminación de Nadal e visita ao Mercado de Nadal de Carreira do Conde por parte do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da Corporación. Percorrido: praza do Obradoiro, rúa Nova, praza do Toural, porta Faxeira, Alameda, Senra, Hórreo, República do Salvador, Alfredo Brañas, Montero Ríos, xeneral Pardiñas, Carreira do Conde.

Compartir: