Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a actividade dos Orzamentos Participativos "Os cans tamén contan", que se inclúe dentro do Festival Internacional de Narración Oral, Atlántica. Na rolda estará a coorganizadora do Festival, Sole Felloza.

18.00 h
Na Cidade da Cultura (edificio CINC), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto "Démoslle unha volta á Cámara", organizado pola Cámara de Comercio.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro "Rumores de Compostela". Tamén estarán Xosé Antón Perozo, autor do libro; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Antonio Seijas, ilustrador e colaborador de Auga Editora.

21.00 h
No Teatro Principal, Leilía Atlántica, Gala Inaugural do Festival de Narración Oral, Atlántica.

Compartir: