Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de febreiro

10.00 h
Pleno ordinario
(NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal)
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión extraordinaria do día 20 de xaneiro deste ano.
2.- Aprobación do texto refundido da "modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial", en execución da sentenza do TSXG número 547/2020.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG, para a elaboración das bases da convocatoria para o rescate do sector cultural afectado pola crise da COVID-19, cunha dotación de 600.000 euros.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG, sobre a situación da comunidade educativa do IES Lamas de Abade.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA, para impulsar unha consulta popular sobre a xestión municipal do ciclo da auga.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular, sobre as medidas compensatorias para os gastos que afrontan os centros socioculturais de titularidade veciñal.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular, para a inclusión de Santiago no Programa do ICEX "RISING UN IN SPAIN".
8.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta, para dotar a Santiago de instalacións de atletismo homologadas para a realización de competicións oficiais.
9.- Nomeamento de novo vogal, titular e substituto, en representación do Colexio de arquitectos na Comisión Asesora do Patrimonio Histórico da Cidade de Santiago de Compostela.
10.- Dar conta do informe anual de queixas e reclamacións correspondente ao ano 2020.
11.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xuta de Goberno Local.
12.- Rogos e preguntas.
Interpelación:
Presentada por CA sobre o proxecto de centro de inclusión social.
Rogos:
Presentado polo PP para implantar un servizo de comunicacións a persoas maiores.
Presentado polo PP para adopción de medidas no contorno do pavillón Quiroga Palacios.
Presentado polo PP para a mellora da seguridade na rúa Mallou.
Presentado polo BNG para cubrir zonas deportivas no parque de Trasparlamento.
Presentado polo BNG para modificar o percorrido da liña de autobús que pasa por San Marcos e para instalación de marquesiña.
Presentado polo BNG para mellorar a seguranza viaria en parcelas municipais situadas en Salgueiriños.
Presentado por CA para modificar o proxecto de límite da Alameda.
Presentado por CA para reforzo do servizo de atención ao público en Tráfico.
Presentado por CA sobre as cámaras de videovixilancia.
Preguntas resposta oral:
Presentada por CA sobre a licitación da ludoteca de Fontiñas.
Presentada polo PP sobre as obras de reparación da Avda. de Vilagarcía.
Presentada por CA sobre o Refuxio de Bando.
Presentada polo BNG sobre a participación das mulleres na folga do 8 de marzo.
Presentada polo BNG sobre a creación da Comisión de Memoria histórica.
Presentada polo BNG sobre a instalación cámaras de videovixilancia.
Presentada polo PP sobre os desprendementos no noiro do Pombal.
Presentada por CA desenvolvemento urbanístico da parcela do Peleteiro.
Presentada polo PP sobre a situación das marquesiñas urbanas e muppis.
Preguntas resposta escrita:
Presentada polo PP sobre instalación paneis na rúa do Vilar.
Presentada por CA sobre contratacións no departamento de Políticas Sociais.
Presentada polo PP sobre varanda na Avda. Clara Campoamor.
Presentada por CA sobre o Camiño Real de Vidán.
Presentada por CA sobre o proceso de regularización padrón do lixo.
Presentada polo BNG sobre as obras nos Concheiros.
Presentada polo BNG sobre a cesión e musealización do legado dos Monicreques Kukas.
Presentada polo BNG sobre a instalación de aseos portátiles.
Presentada polo PP sobre o radar de Conxo.
13.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Moción presentada polo grupo municipal de CA para impulsar un programa formativo participado e situado en tempos COVID no centro xove da Almáciga.
2. Moción presentada polo grupo municipal de CA para a continuidade da axenda feminista nas políticas de Santiago de Compostela e o apoio a celebración do 8-M.
3. Moción presentada polo grupo municipal de CA para instar á Xunta de Galicia a paralizar o traslado do alumnado do Lamas de Abade e a construcción dun centro de ensino secundario na contorna das actuais instalacións.
4. Moción presentada polo grupo municipal do PP para facilitar un servizo de baldeirado de fosas sépticas no rural sen servizo municipal de saneamento.
5. Moción presentada polo BNG para abrir unha convocatoria extraordinaria de axudas ao comercio local afectado pola crise da COVID-19.
6. Moción presentada polo BNG para a transferencia da AP-9 a Galiza.
7. Moción presentada polo BNG para promover unha nova fase de diálogo coa veciñanza sobre o proxecto de reurbanización dos Concheiros, as Fontiñas e Home Santo.
8. Moción presentada por CA para instar á Xunta de Galicia a investir os fondos NEXT-GENERATION dun xeito xusto e transparente e para impulsar unha transformación ambiental, económica e social.
9. Moción presentada polo BNG para mellorar os espazos públicos e os servizos básicos en Meixonfrío.
10. Moción presentada polo PP para pedir a aplicación inmediata das bonificacións na AP-9.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidas por Nuno Coelho presentan o programa ‘Viva Beethoven’.

Compartir: