Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes, 23 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o número 5 da revista "Follas novas. Revista de estudos rosalianos". Na rolda estará tamén Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coas asociacións de comerciantes da cidade: Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela.

17:00 h.
Diante do CSC das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, entrega o premio infantil do "Concurso de disfraces na Rede".

17:30 h.
Diante do CSC do Castiñeiriño, o concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, entrega o premio familiar do "Concurso de disfraces na Rede"´.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

Compartir: