Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de outubro

10.30 h
No Salón de Plenos, recepción a un grupo de estudantes do Seminario Menor que están a analizar nas súas clases de historia o funcionamento da administración pública.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ramón Quiroga sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar "SiSons Enclave Musical", un encontro de profesionais do sector cultural e musical que se celebrará do 21 ao 23 de outubro. Na rolda tamén estará o organizador do evento, José Francisco Saavedra.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: