Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de marzo

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o programa de concertos de Semana Santa.

12.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do goberno municipal, Paula Prado, para valorar a sentenza do caso Montebalsa.

14.00 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á clausura do III Foro "O sector da vivenda en Galicia".

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños Amigos de San Pedro.

19.30 h
En Teo (travesía de Montouto, 24), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á presentación do centro sanitario de rehabilitación neurolóxica Foltra.

Compartir: