Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 11 de xaneiro

11.00 h
Na praza da Quintana (diante da Porta Santa), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á presentación do cartel de Semana Santa, organizado pola Xunta de Confrarías.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, reciben a Ismael Navaza, do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, subcampión de España 2020 e gañador de 4 medallas nacionais (ouro en corda, prata en cinta, bronce en mazas e prata en xeral).

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños A Xuntanza.

Compartir: