Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para xoves 17 de decembro

9.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 26 e extraordinaria do 30, ambas do mes de novembro deste ano.
2.- Aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas C3c01a e C3c01b do parque empresarial da Sionlla.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta para promover a contratación de centros especiais de emprego de iniciativa social e darlle cumprimento á Lei de Contratos do sector público.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para fomentar a contratación social responsable.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para axilizar e transparentar o procedemento de contratación dos servizos públicos en precario.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta sobre a licitación dos servizos de recollida do lixo e limpeza viaria, transporte público e xestión dos centros socioculturais.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para a convocatoria do debate sobre o estado do concello 2020.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a información e licitación dos contratos de transporte público, de recollida e tratamento de lixo e de centros socioculturais.
9.- Dar conta da Sentenza núm. 377/2019, do 27 de xuño de 2019, recaída no PO 4198/2015.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.
NOTA: retrasnmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Día mundial da loita contra a SIDA
Mesa 3: "A invisibilidade das mulleres na realidade do VIH"
17 de decembro
17:00 a 19:00
Modera: Verónica Ramilo, traballadora social e sexóloga
1. Percorrido histórico da presenza da muller trans nas campañas de prevención, Daniela Ferrández de Amizando
2. Experiencias de atención en mujeres cis y trans con el VIH. Marta Villar, psicóloga y sexóloga, técnica de proxectos en Stop Sida.
3. Saúde sexual lésbica, mitoloxía para o sistema sanitario. María Torre, sexóloga e creadora de Ars Eroticas
NOTA: retransmitirase por streaming a través da canle do Concello en YouTube.

Compartir: