Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, para presentar a novena edición do Salón do Vehículo de Ocasión, que se celebra no Recinto Feiral de Amio. Na rolda tamén estará o organizador, Fabián Saavedra.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar Maker Faire Galicia 2022. Na rolda tamén do director da feira, Marcos Saavedra; Ana Sánchez, de APD; e a directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
Nos soportais do Pazo de Raxoi, punto de saída do roteiro guiado "Compostela exiliada", que aporta unha visión panorámica sobre o éxodo cultural e político en Compostela entre os anos 1936 e 1946, e que tamén homenaxea a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Requírese inscrición previa en paseos.compostela@maos.gal.

Compartir: