Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de abril

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto 1.- Ratificación de inclusión dos puntos a tratar na orde do día.
Punto 2.- Aprobación do sistema de votación nominal para a adopción dos acordos da sesión
Punto 3.- Proposta de modificación das ordenanzas fiscais número 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público e 3.24 da taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público local.
Punto 4.- Proposta de modificación das Bases de Execución do Orzamento Municipal do exercicio 2020.
NOTA: será unha sesión telemática e retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

20.00 h
Diante da entrada de urxencias do Hospital Clínico, representantes da Policía, Bombeiros e Protección Civil súmanse ao minuto de silencio convocado pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias en homenaxe aos falecidos por mor da COVID-19.

Compartir: