Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 5 de xaneiro

13.00 h
No Cemiterio de Boisaca, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á Ofrenda Floral na honra de Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 84 cabodano do seu pasamento.

CABALGATA DE REIS
17.30 h
Chegada dos Reis Magos á estación do tren, onde serán recibidos por músicos e paxes. A continuación (18.00 h), percorrido polas rúas da cidade: rúa Santiago de Chile - Frei Rosendo Salvado - Praza Roxa - República do Salvador - Hórreo - Praza de Galicia - Rúa da Senra - Porta Faxeira - Rúa do Vilar - Xelmírez - Praza das Praterías - entrada Obradoiro.
19.15 h (aprox.)
Chegada á praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde, a Corporación municipal e a Banda Municipal de Música.
19.40 h
Mensaxe dos Reis Magos dende o balcón do Concello.
19.50 h
Espectáculo de Mamá Cabra na Praza do Obradoiro
20.00 h (aprox.)
Recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.

21.30 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia. A RFG, baixo a batuta do mestre Geoffrey Styles, interpretará An outdoor overture de A. Copland, A variña da xuventude, Suite núm.1,op 1a e Suite núm.2, op1b de E. Elgar, Billy the Kid: Waltz (Billy and his Sweetheart) e Hoe-Down, de Rodeo de A. Copland.
Entradas á venda no despacho de billetes do Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 h e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o día do concerto dende as 20 h.

Compartir: